Colexio
“Casa de la Virgen” a 30 de xaneiro do 2014
Hoxe,
día escolar da non violencia e da Paz, e desde o noso colexio
queremos recordar que nós seremos o futuro da nosa sociedade; e que
,ese futuro, necesita sobre todo Paz. Como dixo Gandhi, non debemos
buscar o camiño cara á Paz, senón que a Paz debe se-lo camiño.
Aínda
somos novos, pero podemos facer que a violencia, as loitas, os
desacordos deixen de ser as escusas que separan aos pobos e persoas.
A solución aos conflitos debe pasar pola comunicación,
comprensión, diálogo e sobre todo por aprender a poñerse no lugar
do outro.
Por
iso, a nosa formación e valores deben se-la guía para mellora-la
sociedade do futuro. Estes valores nos comprometen a:
Respecta-la
vida e a dignidade de cada persoa.
Practica-la
non violencia activa, rexeitando a violencia en tódalas súas
formas: física, sexual, sicolóxica, económica e social, en
particular cara ós máis febles e vulnerables como nenos e
adolescentes.
Comparti-lo
tempo e os recursos materiais cultivando a xenerosidade coa fin de
terminar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e
económica.
Defender
a liberdade de expresión e a diversidade cultural, dando preferenza
ao diálogo e a escoitar , sen caír no fanatismo, nin na maledicencia
e no rexeite do próximo
Promover
un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en
conta a importancia de tódalas formas de vida e o equilibrio dos
recursos naturais do planeta.
Contribuír
ao desenvolvemento da propia comunidade propiciando a
participación de cheo das mulleres e o respecto aos principios democráticos,
coa fin de crear xuntos novas formas de solidariedade.
A
paz é moito máis que ausencia de conflicto. Non hai paz sen
xusticia. Pero non hai xusticia sen amor. As leis e os gobernos
democráticos non bastan para asegurar unha vida digna e xustiza
para todos. Hai que alimentar na sociedade unha profunda convicción
moral e un desexo real e sincero de paz e de benevolencia cara ós
demais. Desexa-lo ben, para un mesmo e para os demais. Sen amor e sen
fe na humanidade non pode haber paz. E este desexo está por enriba
das ideoloxías, as relixións e as culturas.
Non poderá haber paz no mundo se non hai paz dentro de cada un de nós. Paz cun mesmo; paz coa familia, paz cos veciños, paz cos compañeiros, paz cos que non pensan igual ca nós, paz co estraxeiro, paz coa natureza, paz coa historia, coas outras culturas, paz co misterio da realidade que non comprendemos nin podemos abranguer.
Non poderá haber paz no mundo se non hai paz dentro de cada un de nós. Paz cun mesmo; paz coa familia, paz cos veciños, paz cos compañeiros, paz cos que non pensan igual ca nós, paz co estraxeiro, paz coa natureza, paz coa historia, coas outras culturas, paz co misterio da realidade que non comprendemos nin podemos abranguer.
O
noso colexio é o lugar para formarnos nestes valores e para levalos
á práctica. Como símbolo do compromiso para facer da Paz a nosa
forma de vivir construiremos o seguinte mural, e ao final cantaremos
xuntos a canción desta celebración...