Ademais das actividades a desenvolver na aula, (como titorías ou incluídas nas áreas); todos os cursos do colexio reunirémonos para unha celebración conxunta:
LUGAR: Pista exterior nova (se o tempo acompaña)
Polideportivo (se chove ou venta en exceso)
DÍA: Xoves 30 de xaneiro
HORA: 11:40 horas (Final do recreo de primaria e inicio do de secundaria)
GUIÓN:
-Tódolos cursos baixaremos ao lugar de celebración mentres se escoita música de ambiente con cancións relacionadas coa PAZ.
- Cada curso baixará coa súa parte de mural, como representación do grupo.
- Unha vez reunidos todos, procederase á lectura do MANIFESTO (Alumnos de 3º e/ou 4º ESO) a prol da Paz. (está no Blog para poder comentalo na clase).
- A continuación, irase chamando aos diferentes cursos para que dous representantes presenten a súa parte para formar un mural colectivo.
- En canto o mural estea completo, e con música de fondo, tódolos alumnos cantarán a canción "Corazón con cremallera". É a que está na axenda e ademais tedes un enlace nesta parte do Blog a unha presentación coa música e a letra para poder aprendela.
- Fin da celebración.