Decálogo para medrar na Paz
- Es alguén moi importante. Quérete.
- Anima e valora aos teus amigos. Verás que lles gusta.
- Descobre o bonito que é que todos sexamos distintos.
- Dá as grazas e pide as cousas "por favor". Todo resulta máis fácil.
- Se aprendes a escoitar, comprenderás mellor aos demais.
- Aprende a face-los teus traballos o mellor que poidas. O teu esforzo pagará a pena.
- Se cumpres cos teus pequenos encargos e tarefas, todo funcionará mellor.
- Traballa en grupo, conseguirás máis que traballando só.
- Comparte as túas cousas cos demais. Serás moi feliz.
- Se pos paz no teu interior, o teu arredor irá cambiando.