viernes, 24 de enero de 2025
jueves, 23 de enero de 2025
domingo, 5 de enero de 2025
Oracións ESO Bacharelato
LUNS
Lector 1:
Estamos na Semana da Paz.
É un tempo do ano no cal
queremos pensar e darnos conta da importancia de educarnos para ser
persoas de paz.
Lector 2:
Temos que convencernos
que os nosos problemas non se resolven a golpes.
Temos que desexar
fortemente utilizar todos os medios razoables e nunca recorrer á
violencia.
Lector 1:
No mundo hai moita xente
violenta e a nós ás veces tamén nos veñen as ganas de selo.
Por iso pedímoslle a
Deus a súa axuda e a súa forza para crecer e educarnos como xente
de bo corazón que quere o amor e a paz.
TODOS:
Señor, fai de min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu
leve a fe.
Onde haxa erro, que eu
leve a Verdade.
Onde haxa desesperación,
que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu
leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu
leve a luz.
Lector 2:
Señor, fai que non
busquemos tanto
ser comprendidos, senón
comprender;
ser consolados, senón
consolar;
ser amados, senón amar.
TODOS:
Porque é dando, como se
recibe.
É perdoando, como un é
perdoado.
É morrendo, como se
resucita á Vida Eterna.
(S.
Francisco de Asís)
MARTES
Lector 1:
Oxalá chegue un día en
que todos os exércitos do mundo non fagan falta, porque os países
non queren xa arranxar os seus problemas loitando con armas.
Oxalá chegue o día en
que ninguén se atreva xa a quitar a vida a outro ser humano.
Oxalá entendésemos
dunha vez que é moito máis barato... pero moito máis barato!
evitar unha guerra que pagar as súas mortes e as súas desfeitas.
Lector 2:
Pai
Deus, nós desexamos sementar o mundo de paz
E, para conseguilo,
sabemos que temos que educarnos plantándoa en cada corazón.
Ensínanos que perdoar
é un signo de grandeza
e que a vinganza é un
sinal de baixeza.
Señor, fai de min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve unión.
Lector 1:
Ás veces preguntámonos
por que se fabrican armas.
Ás veces tamén nos
dicimos por que hai xente que cultiva no seu corazón o odio e non o
amor.
Por iso pedímoslle a
Deus,
TODOS:
Onde haxa odio, Señor,
fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve unión.
AMÉN
MÉRCORES
Lector 1:
Ás veces xorden enfados
entre nós ou na nosa casa e coa nosa familia.
Se queremos educarnos
para a paz, temos que pensar que é moito máis o que nos une que
aquilo que nos separa.
Temos que pensar que
nunca hai razón suficiente para mirar ao "outro" como
alguén a quen hai que quitar do noso camiño.
Lector 2:
Sabemos que hai paz entre
nós cando facemos todas as cousas con xustiza,
e cando non somos
egoístas e pensamos nos demais.
Por iso, neste terceiro
día da Semana da Paz, pedímoslle a Deus
TODOS:
Señor, ensínanos a ser
xenerosos:
fai que non busquemos
tanto
ser comprendidos, senón
comprender;
ser consolados, senón
consolar;
ser amados, senón amar.
AMÉN.
XOVES
Lector 1
Hoxe celebramos o DÍA
ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
En moitas cidades do
mundo, en moitos colexios de todas as razas e de distintas relixións,
nenos como nós celebran este día escolar da Paz.
Nas Nacións Unidas
rezarase unha oración pola paz do mundo.
Nós imos rezar hoxe esa
mesma oración. Oxalá, cando sexamos adultos, consigamos entre todos
nós ese planeta en paz.
TODOS:
Señor,
a nosa terra é só un
astro pequeno,
perdido na inmensidade do
universo.
Tarefa nosa é facer dela
un planeta
onde non vivamos
atormentados polas guerras,
nin torturados pola fame e
o terror,
nin desgarrados e
divididos
por ideoloxías, razas ou
cor da pel.
Dános acerto e valentía
para poñernos desde hoxe
mans a obra
co fin de que os nosos
fillos
e os fillos dos nosos
fillos
poidan un día chamarse
con orgullo homes.
VENRES
Lector 1:
Hai un poeta que di moi
ben dito:
“Onde haxa unha árbore
que plantar, plántao ti.
Onde haxa un erro que
emendar, enméndao ti.
Onde haxa un esforzo que
todos esquiven,
acéptao ti.
Sé o que apartou do
camiño a pedra,
o odio dos corazóns
e as dificultades do
problema”
Lector 2:
E é que nos gustan as
cousas ben feitas e que todo estea en orde.
Pero ás veces pensamos
que quen teñen que facer as cousas son os demais.
Lector 1:
É o que lles pasa a
algúns coa paz.
Lector 2:
Somos nós os que temos
que facer a paz no noso colexio e na nosa familia.
Lector 1:
Se gústache a paz,
edúcate para a paz.
Lector 2:
Se de maior queres ser
unha persoa de paz, ensaia desde agora a ser un neno de paz.
TODOS:
Señor, faide min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu
leve a fe.
Onde haxa erro, que eu
leve a Verdade.
Onde haxa desesperación,
que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu
leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu
leve a luz. AMÉN
sábado, 4 de enero de 2025
Oracións 5º e 6º E.Primaria
LUNS27
UN
ESFORZO MÁIS
Xa estás aquí, coa túa man no corazón
de novo pedindo a paz...
Só un esforzo máis, un esforzo de perdón...
un paso cara adiante parar amar...
e así de novo entrará moi dentro a esperada PAZ
Loita CADA MAÑÁ ao espertar
por lograr un sorriso ao teu ao redor,
loita por crear ambiente de felicidade
e nacerá de novo o PERDÓN...
e brotará outra vez A ESPERADA PAZ
Unamos as nosas mans para crear con elas
a paz que desexamos, a alegría de estar unidos
na TERRA QUE AMAMOS E COMPARTIMOS...
Poñamos en marcha o noso corazón PARA QUE SEXA
solidario, corazón aberto que sabe querer e perdoar. Amén.
MARTES 28
QUE
CHEGUE A PAZ
PAZ NO CEO, PAZ NA TERRA, NAS MONTAÑAS, O
VAL E O MAR.
Onde haxa odio, chegue a paz;
onde haxa guerra, chegue a paz;
onde ti chegues, chegue a paz.
Se ti es libre, vives en paz;
se a todos queres, vives en paz;
se dás o teu tempo, vives en paz;
se a Xesús levas, vives en paz.
Se ris libre, sementas a paz;
se dás consolo, sementas a paz;
se dás perdón, sementas a paz.
Xesús, ao nacer, trouxo ao fin a paz.
Vive ti en paz, sementa a paz e o mundo, ao fin, verás
crecer en paz.
AMÉN
MÉRCORES29
O
NOSO PAI
NOSO, de todos, dos 5000 millóns de persoas que
poboamos a terra, sexa cal for a nosa idade, cor, lingua ou relixión.
PAI, que miras por igual a todos os teus fillos a quen
ves enfrontados.
QUE ESTÁS NO CEO e na terra, en cada home, nos humildes
e nos que sofren.
SANTIFICADO SEXA O teu NOME, pero non co estrondo das
armas, senón co rumoreo do corazón.
VEÑA A NÓS O teu REINO, o da paz, o do amor.
FÁGASE A túa VONTADE, sempre, en todas partes. Que os
teus desexos non sexan obstaculizados polos poderosos e violentos.
DÁNOS O PAN DE CADA DÍA que está amasado con paz,
xustiza e amor.
PERDÓANOS, non como nós perdoamos, senón como Ti
perdoas, sen lugar ao odio e ao rancor.
NON NOS DEIXES CAER NA TENTACIÓN de almacenar o que non
nos deches, de acumular o que outros necesitan, de mirar con
antipatía ao de en fronte.
LÍBRANOS DO MAL que nos ameaza, das metralletas, dos
mísiles, dos millóns de toneladas de armas, do egoísmo, do
pasotismo, dos insultos, porque somos moitos, Pai, os que queremos
VIVIR EN PAZ.
AMÉN
XOVES30
QUEREMOS
A PAZ
Hoxe, todos os alumnos do cole
imos celebrar o día da Non
violencia
e da Paz.
Pedímosche Señor, que nos
escoites,
que nos ensines a desaprender a
violencia,
que nos mostres o camiño da
Verdade.
A resolver os nosos conflitos
con abrazos,
os nosos empuxóns por caricias
e os malos xestos por sorrisos.
Queremos ser “sementadores”de
Paz.
AMÉN.
VENRES 31: CONTO
POLA PAZ
O
VENTO E O SOL
O sol e o vento discutían para
ver quen era o máis forte
O vento dicía: Ves aquel ancián
envolto nunha capa?.
Apóstoche a que lle farei
quitar a capa máis rápido que ti.
Ocultouse o sol tras unha nube e
comezou a soprar o vento,
cada vez con máis forza, até
ser case un ciclón,
pero canto máis sopraba tanto
máis se envolvía o home na capa.
Por fin o vento acougouse e
declarouse vencido.
E entón saíu o sol e sorriu
benignamente sobre o ancián.
Non pasou moito tempo ata que o
ancián, acalorado pola calor do sol, quitouse a capa.
O sol demostrou entón ao vento
que a suavidade
e o amor dos abrazos son máis
poderosos
que a furia e a forza.
viernes, 3 de enero de 2025
Oracións 1º, 2º, 3º e 4º E. Primaria
LUNS 27
XESÚS,
DANOS A PAZ
Señor
Xesús,
dá
a túa paz ás nosas familias, dá
a túa paz ó noso pobo,
dá
túa paz a todos os homes e mulleres.
Que
todos traballemos pola paz.
Que
eu saiba vivir en paz na casa,
no
colexio e en todas partes.
Que eu estea alegre e agarimoso
con todos.
AMÉN.
MARTES 28
QUE
FAGAMOS A PAZ
vivamos en paz uns con
outros.
Pedímosche que haxa paz
entre os pobos
que desapareza do mundo a
guerra,
a violencia, as
inimistades,
as pelexas, as liortas.
Que fagamos a paz:
dando alegría, sendo
agarimosos,
axudando ós outros e
perdoando a todos.
AMÉN
MÉRCORES 29
DÉIXOVOS
A PAZ
Señor, ti dixéchesnos:
“Déixovos a paz, douvos a
miña paz”.
Escoita a miña oración:
dá a paz a todos os homes e
mulleres.
Ensínanos a manter a paz na
casa,
na escola, na rúa
e en todas partes.
Só entón seremos
verdadeiros fillos teus.
AMÉN.
XOVES 30
Hoxe, todos os alumnos do cole
e da Paz.
Pedímosche Señor, que nos
escoites,
que nos ensines a desaprender a
violencia,
que nos mostres o camiño da
Verdade.
A resolver os nosos conflitos
con abrazos,
os nosos empuxóns por caricias
e os malos xestos por sorrisos.
Queremos ser
“sementadores”de Paz.
VENRES 31
QUEREMOS
A PAZ
Non queremos avións de
guerra
queremos paxaros.
Non queremos bombas,
queremos flores.
Non queremos barcos de
guerra,
queremos peixes.
Non queremos sufrimento
queremos amor e paz.
Señor, pedímosche pola
paz.
Paz para todo o mundo,
para todas as familias,
para todas as razas,
a paz mundial!
AMÉN.
jueves, 2 de enero de 2025
Oracións Educación Infantil
LUNS27
POBOS
AMIGOS
Noso
pai que estás no ceo,
Fai
que todos os pobos sexan amigos;
fai
que todos nos queiramos como irmáns.
Axídanos
a construir a paz
e
a felicidade entre nós
e
con todo o mundo.
MARTES28
Xesús,
Ti queres
que
vivamos en paz uns cos outros.
Axúdanos
a estar unidos,
para
que non haxa entre nós
pelexas
nin liortas.
MÉRCORES 29
SE
QUEREMOS A XESÚS...
se
vivimos en paz cos que nos rodean,
se
queremos a Xesús,...
estaremos
moi ledos
e
seremos felices.
XOVES30
QUE
VIVAMOS EN PAZ
cando
dámos alegría,
cando
somos agarimosos,
cando
axudamos a outros,
cando
prestámo-las cousas,
cando
non nos enfadamos...
Axúdanos
a facer todas estas cousas
para
que vivamos en paz con todos.
VENRES31
XESÚS,
DÁNO-LA PAZ
Señor
Xesús,
dá
a túa paz ó noso pobo,
dá
túa paz a todos os homes e mulleres.
Que
todos traballemos pola paz.
Que
eu saiba vivir en paz na casa,
no
colexio e en todas partes.
Que
eu estea alegre e agarimoso con todos.
miércoles, 1 de enero de 2025
BORDES DE LA PAZ PARA HACER POEMAS U OTRAS ACTIVIDADES
Desplaza la barra de la derecha para ver todos los bordes.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)














