Páginas

lunes, 8 de enero de 2024

Oracións 5º e 6º E.Primaria

LUNS29

UN ESFORZO MÁIS

Xa estás aquí, coa túa man no corazón                         
de novo pedindo a paz...
Só un esforzo máis, un esforzo de perdón...
un paso cara adiante parar amar...
e así de novo entrará moi dentro a esperada PAZ
Loita CADA MAÑÁ ao espertar
por lograr un sorriso ao teu ao redor,
loita por crear ambiente de felicidade
e nacerá de novo o PERDÓN...
e brotará outra vez A ESPERADA PAZ
Unamos as nosas mans para crear con elas
a paz que desexamos, a alegría de estar unidos
na TERRA QUE AMAMOS E COMPARTIMOS...
Poñamos en marcha o noso corazón PARA QUE SEXA solidario, corazón aberto que sabe querer e perdoar. Amén.



MARTES 30
QUE CHEGUE A PAZ
PAZ NO CEO, PAZ NA TERRA, NAS MONTAÑAS, O VAL E O MAR.
Onde haxa odio, chegue a paz;
                                   onde haxa envexa, chegue a paz;
onde haxa guerra, chegue a paz;
onde ti chegues, chegue a paz.
Se ti es libre, vives en paz;
se a todos queres, vives en paz;
se dás o teu tempo, vives en paz;
se a Xesús levas, vives en paz.
Se ris libre, sementas a paz;
se dás consolo, sementas a paz;
se dás perdón, sementas a paz.
Xesús, ao nacer, trouxo ao fin a paz.
Vive ti en paz, sementa a paz e o mundo, ao fin, verás crecer en paz.
AMÉN








MÉRCORES 31

O NOSO PAI

NOSO, de todos, dos 5000 millóns de persoas que poboamos a terra, sexa cal for a nosa idade, cor, lingua ou relixión.
PAI, que miras por igual a todos os teus fillos a quen ves enfrontados.
QUE ESTÁS NO CEO e na terra, en cada home, nos humildes e nos que sofren.
SANTIFICADO SEXA O teu NOME, pero non co estrondo das armas, senón co rumoreo do corazón.
VEÑA A NÓS O teu REINO, o da paz, o do amor.
FÁGASE A túa VONTADE, sempre, en todas partes. Que os teus desexos non sexan obstaculizados polos poderosos e violentos.
DÁNOS O PAN DE CADA DÍA que está amasado con paz, xustiza e amor.
PERDÓANOS, non como nós perdoamos, senón como Ti perdoas, sen lugar ao odio e ao rancor.
NON NOS DEIXES CAER NA TENTACIÓN de almacenar o que non nos deches, de acumular o que outros necesitan, de mirar con antipatía ao de en fronte.
LÍBRANOS DO MAL que nos ameaza, das metralletas, dos mísiles, dos millóns de toneladas de armas, do egoísmo, do pasotismo, dos insultos, porque somos moitos, Pai, os que queremos VIVIR EN PAZ.
AMÉN



XOVES 1

QUEREMOS A PAZ
Hoxe, todos os alumnos do cole
imos celebrar o día da Non violencia
e da Paz.
Pedímosche Señor, que nos escoites,
que nos ensines a desaprender a violencia,
que nos mostres o camiño da Verdade.
A resolver os nosos conflitos con abrazos,
os nosos empuxóns por caricias
e os malos xestos por sorrisos.
Queremos ser “sementadores”de Paz.
AMÉN.



VENRES 2: CONTO POLA PAZ

O VENTO E O SOL
O sol e o vento discutían para ver quen era o máis forte
O vento dicía: Ves aquel ancián envolto nunha capa?.
Apóstoche a que lle farei quitar a capa máis rápido que ti.
Ocultouse o sol tras unha nube e comezou a soprar o vento,
cada vez con máis forza, até ser case un ciclón,
pero canto máis sopraba tanto máis se envolvía o home na capa.
Por fin o vento acougouse e declarouse vencido.
E entón saíu o sol e sorriu benignamente sobre o ancián.
Non pasou moito tempo ata que o ancián, acalorado pola calor do sol, quitouse a capa.
O sol demostrou entón ao vento que a suavidade
e o amor dos abrazos son máis poderosos
que a furia e a forza.