Páginas

sábado, 10 de enero de 2015

Pomba paz con mans

Esta actividade pode introducirse para o traballo en pequenos grupos.

Materia necesario:
  - cartolinas de diferentes cores

Proceso:
 Os nenos colocan a man sobre a cartolina; os profesores/as fan a silueta da man, e logo eles mesmos a recortarán cun punzón. Divídese a clase en pequenos grupos e se lles di  que intenten montala como  a da foto:

                                 

Manualidade: Pomba en cartolina

Manterial necesario por alumno:
  - unha cartolina de tamaño A4 aproximadamente (vale calquera cor, pero mellor non branca)
  - papel pinocho de cor branca, e outro doutra cor.
  - pegamento ou cola

Proceso
1- perfilar sobre a cartolina o debuxo da pomba e o nome do alumno debaixo
2- co papel pinocho branco, facer boliñas que se pegarán sobre a liña que perfila a pomba
3- o mesmo co papel doutra cor pero para perfilar o nome do alumno.

Manualidade: Pomba con plato de plástico

Esta actividade propón a construción dunha "pomba da paz" con materiais moi sinxelos e económicos:
 Necesítase por alumno:
    - un plato de plástico
    - unha culleriña de plástico
    - tesoiras
    - pegamento, cinta adhesiva...

 Proceso:
1- cortar o plato pola metade.
2- nunha das metades volverase a cortar un terzo (para facer a cola da pomba)
       (Cunha das metades pódense obter tres colas para tres alumnos)
3- Pola parte inferior do medio plato pegarase a culleriña e o outro fragmento de plato (como se ve na foto).
4- pintar o peteiro, ollos... con cores.





Esta manualidad recóllese da web de actividades infantís de Blanca.


Outra posibilidade é a seguinte: (sen a culleriña e con cartolina para o corpo)

martes, 6 de enero de 2015

WebQuest "Música y Paz"

Esta actividade é unha nova Webquest, na que traballar a Paz desde a música.
Foi creada polo profesor José Alfonso Peralta Pérez do colexio público "El Juncal" da localidade Puerto de Santa María en Cádiz.

Trátase dunha actividade grupal. Accede a ela a partir do seguinte enlace:

                                       MÚSICA E PAZ



WebQuest "El viaje de Matt"

      Matt Harding fíxose famoso grazas á internet; concretamente por youtube. Viaxou durante moito tempo e en cada pais que visitaba  bailaba diante dun monumento significativo do lugar no que estaba. Os vídeos cos seus bailes fixéronse "virais", transmitindo felicidade, paz...

     Baseado nas viaxes e vídeos de Matt José Alfonso Peralta Pérez do Colexio Público "El Juncal (Puerto de Santa María-Cádiz), deseñou esta webquest para traballo grupal co tema de fondo da PAZ.

Fai "Click" no nome para acceder:

                                 MATT



 

lunes, 5 de enero de 2015

LIM "Educación para a Paz"

O enlace propón unha actividade interactiva LIM ; creada por Mª Auxiliadora Expósito Guillén.

Para desenvolvela é necesario un ordenador por alumno se queremos que a fagan de forma individual ou con pizarra dixital pódese facer de forma grupal.

Fai "click" no seguinte enlace:
                                                          LIM Educación para a Paz




Forxadores da Paz

Esta actividade proposta por Isidro Burgos Ramos, consiste nunha sopa de letras  na que se deben atopar os nomes de persoas que propuxeron a Paz como forma e obxectivo  de vida .

Pódese descargar e imprimir.

Fai "click" no seguinte enlace:        FORXADORES DA PAZ



sábado, 3 de enero de 2015

Xogos Interativos da Paz

O enlace lévanos a unha web con diferentes actividades interativas (ideais para pizarra dixital e para realizar en grupos): puzzles, xogos de palabras...

Fai "click" no enlace:
                                             XOGOS DA PAZ




Xogo da Paz

Isidro Burgos Ramos comparte un xogo tipo parchís para o Segundo Ciclo de Primaria (Terceiro Ciclo a criterio do mestre) no que traballar o día da Paz, cuxos obxectivos son diferenciar entre valores positivos e negativos, ser capaces de realizar traballos en pequeno grupo e aprender a respecta-las normas do xogo.

Neste caso o recurso é para imprimir.

Fai "click" no seguinte enlace:                                     XOGO DA PAZ



Construtores da Paz

Neste enlace presentamos varias actividades interactivas (recomendable para pizarra dixital), elaborada por UNICEF.
Temos a posibilidade de realizar un puzzle, de buscar parellas ocultas, ou de ler como podemos ser CONSTRUTORES DA PAZ.

Fai "click" no segunte enlace:
 
                     CONSTRUTORES DA PAZ




Labirinto da Paz

A seguinte actividade ten como finalidade a mellora da atención.

Trátase de buscar a saída a labirintos debuxados dentro das letras da palabra PAZ.

Pódese facer nunha pizarra dixital ou imprimila para facela cada un de forma individual.

Fai "click" no segunte enlace para acceder á actividade:

        LABIRINTO DA PAZ




Busca diferenzas e corea

Nos seguintes debuxos hai unhas diferenzas que buscaremos. E a continuación pódense corear.

Fai "click" no seguinte enlace:

Busca as diferenzas

Podes facelo interactivo buscando diferenzas entre todos proxectando as imaxes ou imprimir o recurso.