Necesítase por alumno:
- un plato de plástico
- unha culleriña de plástico
- tesoiras
- pegamento, cinta adhesiva...
Proceso:
1- cortar o plato pola metade.
2- nunha das metades volverase a cortar un terzo (para facer a cola da pomba)
(Cunha das metades pódense obter tres colas para tres alumnos)
3- Pola parte inferior do medio plato pegarase a culleriña e o outro fragmento de plato (como se ve na foto).
4- pintar o peteiro, ollos... con cores.

Esta manualidad recóllese da web de actividades infantís de Blanca.
Outra posibilidade é a seguinte: (sen a culleriña e con cartolina para o corpo)
