Páginas

jueves, 23 de enero de 2020

Mural SEMENTES DE PAZ

Para a ambientación do colexio e como actividade común, todos os cursos prepararemos un mural para poñer nas paredes dos corredores.
Baixo o lema "Sementes de Paz", destacaremos todas aquelas accións ou comportamentos que favorezan a non violencia e a Paz.
Faremos cos alumnos unha procura desas accións en diferentes lugares: na patio, na aula, nas noticias,  na natureza e desexos para un mundo en Paz.
Esas accións representaranse mediante unha pomba ou flor pegada a un paliño de madeira, para despois situalo no lugar correspondente no mural.

No hay comentarios:

Publicar un comentario