ACTIVIDADE CONXUNTA DÍA DA PAZ
1º. Na aula (previo reparto das fotocopias que nós vos daremos) cada neno contesta á pregunta : Que é para min a paz no colexio? Das respostas seleccionamos cinco que colocaremos nunha cartolina (que nós vos damos tamén) con letras bonitas e co logo escollido este ano(a pomba e o lapis). Os de infantil farán o mesmo pero con debuxos.
2º Unha vez preparadas as cartolinas cada curso baixará coa súa o día 30 de xaneiro onde teremos recreo conxunto dende as 11:40 ata as 12:00. Será na pista grande e se chove no poli. Alí lerán cada curso só unha das oracións significativas das escollidas en cada curso .Os de infantil explicarán, só un deles, un debuxo por aula.
3º Mentres se desenvolve o acto escoitaremos cancións con temática pacifista.
CALQUERA DÚBIDA DIRIXÍDEVOS A ALBERTO OU A VIOLETA. GRAZASSS!!!