Páginas

domingo, 3 de enero de 2016

Vídeo "One human family"

Baseado nunha antiga historia sobre a fame e o compartir, este video de animación forma parte da campaña "Unha familia humana, comida para todos" de Caritas. A "alegoría dos culleres" ensínanos que cando loitamos por alimentarnos sos, todos pasan fame. Pero cando nos centramos na fame do noso veciño, descobrimos que hai maneiras de alimentar a todos



Video "Por cuatro esquinitas de nada"

Conto titulado "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA, de Jerôme Rullier e adaptado por Mayte Calavia con alumnos del CEIP el Espartidero de Zaragoza. É un bonito conto e vídeo para reflexionar sobra as diferencias e pensar se hai que cambiar ao diferente ou adaptar as condicións ao diferente.



Vídeo "X nada"

Curtametraxe dirixida por Dani de la Torre y Toni Veiga no 2009. Para reflexionar.

No seguinte enlace podedes descargar a ficha de traballo cos alumnos:
                               Ficha completa

                               Ficha resumida (so preguntas)


Vídeo Danza da Paz Mamá Cabra

Celebración do DIA DA PAZ no CEIP A Gándara de Monforte de Lemos.



Vídeo Baile da Paz Mamá Cabra

Mamá Cabra é un grupo musical pioneiro na creación de espectáculos para a infancia. Do seu libro cd "A bruxa da discordia. Cancións para a paz", o colexio CEIP a Gándara prepararon un vídeo coa canción "Baile da Paz" e pictogramas en galego.



Papiroflexia: Pomba da Paz

Neste vídeo o voso compañeiro Dani Piñeiro de 3º da ESO explica como facer unha pomba cun folio de papel.



martes, 13 de enero de 2015

Celebración conxunta

ACTIVIDADE  CONXUNTA DÍA DA PAZ

1º. Na aula (previo reparto das fotocopias que nós vos daremos) cada neno contesta á pregunta : Que é para min a paz no colexio? Das respostas seleccionamos cinco que colocaremos nunha cartolina (que nós vos damos tamén) con letras bonitas e co logo escollido este ano(a pomba e o lapis). Os de infantil farán o mesmo pero con debuxos.

2º Unha vez preparadas as cartolinas cada curso baixará coa súa o día 30 de xaneiro onde teremos recreo conxunto dende as 11:40 ata as 12:00. Será na pista grande e se chove no poli. Alí lerán cada curso só unha das oracións significativas das escollidas en cada curso .Os de infantil explicarán, só un deles, un  debuxo por aula.

3º Mentres se desenvolve o acto escoitaremos cancións con  temática pacifista.

CALQUERA DÚBIDA DIRIXÍDEVOS A ALBERTO OU A VIOLETA. GRAZASSS!!!


sábado, 10 de enero de 2015

Caza do Tesouro "Gandhi"

Actividade para traballo individual ou grupal seguindo o esquema dunha "Caza do Tesoro".
A finalidade é mellorar o coñecemento da figura e traballo de Gandhi.
O autor deste traballo é Francisco Camero Flores  do CEIP "San Rafael" de Cádiz.

Fai "click" sobre o debuxo para acceder á actividade:

     http://www.juntadeandalucia.es/averroes/ceip_san_rafael/paz/creditos.html#6




Érase unha vez ... a Paz

  Aquí temos unha webquest proposta polos profesores Beatriz Ruiz e Fernando García do CEIP San Walabonso de Niebla (Huelva).
A tarefa proposta é a elaboración dun conto traballando por grupos.
Pódense seguir as instrucións proxectando nunha pizarra dixital.

Fai "Click" no debuxo para acceder á actividade:

                                  http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/wqyct/wq_cuentosdepaz/introduccion.html

Idiomas da Paz

A seguinte actividade consiste en fichas co esbozo da palabra Paz en diferentes idiomas.

Foi compartida na rede coa posibilidade de ser descargada  por Ginés Ciudad-Real.

                               
                        paz-idiomas


        Fai "click" na palabra para acceder ao arquivo:

                                                    PAZ












Grilanda da paz

Traballo de grupo para ambientar a clase:

Material necesario:
 - Papel de embalar branco
 - Pinturas de dedo, ou rotuladores

Proceso:
  recortar tiras de papel nas que cada alumno estampará a súa man con diferentes cores. Despois, co rotulador pode escribir  mensaxes de Paz.

(é unha actividade proposta pola profesora de Ed. infantil 5 anos do colexio "La Vallina" en Luanco -Asturias)

       guirnalda de la paz

Pomba globo

Manualidade moi sinxela para a que se necesita o seguinte material por alumno:

 - un globo branco
 - cartolina branca tamaño A4 ou próximo.
 - cores para debuxar o peteriro e ollos da pomba sobre o globo.