LUNS
Lector 1:
Estamos na Semana da Paz.
É un tempo do ano no cal
queremos pensar e darnos conta da importancia de educarnos para ser
persoas de paz.
Lector 2:
Temos que convencernos
que os nosos problemas non se resolven a golpes.
Temos que desexar
fortemente utilizar todos os medios razoables e nunca recorrer á
violencia.
Lector 1:
No mundo hai moita xente
violenta e a nós ás veces tamén nos veñen as ganas de selo.
Por iso pedímoslle a
Deus a súa axuda e a súa forza para crecer e educarnos como xente
de bo corazón que quere o amor e a paz.
TODOS:
Señor, fai de min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu
leve a fe.
Onde haxa erro, que eu
leve a Verdade.
Onde haxa desesperación,
que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu
leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu
leve a luz.
Lector 2:
Señor, fai que non
busquemos tanto
ser comprendidos, senón
comprender;
ser consolados, senón
consolar;
ser amados, senón amar.
TODOS:
Porque é dando, como se
recibe.
É perdoando, como un é
perdoado.
É morrendo, como se
resucita á Vida Eterna.
(S.
Francisco de Asís)
MARTES
Lector 1:
Oxalá chegue un día en
que todos os exércitos do mundo non fagan falta, porque os países
non queren xa arranxar os seus problemas loitando con armas.
Oxalá chegue o día en
que ninguén se atreva xa a quitar a vida a outro ser humano.
Oxalá entendésemos
dunha vez que é moito máis barato... pero moito máis barato!
evitar unha guerra que pagar as súas mortes e as súas desfeitas.
Lector 2:
Pai
Deus, nós desexamos sementar o mundo de paz
E, para conseguilo,
sabemos que temos que educarnos plantándoa en cada corazón.
Ensínanos que perdoar
é un signo de grandeza
e que a vinganza é un
sinal de baixeza.
TODOS:
Señor, fai de min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve unión.
Lector 1:
Ás veces preguntámonos
por que se fabrican armas.
Ás veces tamén nos
dicimos por que hai xente que cultiva no seu corazón o odio e non o
amor.
Por iso pedímoslle a
Deus,
TODOS:
Onde haxa odio, Señor,
fai que eu leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve unión.
AMÉN
MÉRCORES
Lector 1:
Ás veces xorden enfados
entre nós ou na nosa casa e coa nosa familia.
Se queremos educarnos
para a paz, temos que pensar que é moito máis o que nos une que
aquilo que nos separa.
Temos que pensar que
nunca hai razón suficiente para mirar ao "outro" como
alguén a quen hai que quitar do noso camiño.
Lector 2:
Sabemos que hai paz entre
nós cando facemos todas as cousas con xustiza,
e cando non somos
egoístas e pensamos nos demais.
Por iso, neste terceiro
día da Semana da Paz, pedímoslle a Deus
TODOS:
Señor, ensínanos a ser
xenerosos:
fai que non busquemos
tanto
ser comprendidos, senón
comprender;
ser consolados, senón
consolar;
ser amados, senón amar.
AMÉN.
XOVES
Lector 1
Hoxe celebramos o DÍA
ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA.
En moitas cidades do
mundo, en moitos colexios de todas as razas e de distintas relixións,
nenos como nós celebran este día escolar da Paz.
Nas Nacións Unidas
rezarase unha oración pola paz do mundo.
Nós imos rezar hoxe esa
mesma oración. Oxalá, cando sexamos adultos, consigamos entre todos
nós ese planeta en paz.
ORACIÓN DAS
NACIÓNS UNIDAS
TODOS:
Señor,
a nosa terra é só un
astro pequeno,
perdido na inmensidade do
universo.
Tarefa nosa é facer dela
un planeta
onde non vivamos
atormentados polas guerras,
nin torturados pola fame e
o terror,
nin desgarrados e
divididos
por ideoloxías, razas ou
cor da pel.
Dános acerto e valentía
para poñernos desde hoxe
mans a obra
co fin de que os nosos
fillos
e os fillos dos nosos
fillos
poidan un día chamarse
con orgullo homes.
VENRES
Lector 1:
Hai un poeta que di moi
ben dito:
“Onde haxa unha árbore
que plantar, plántao ti.
Onde haxa un erro que
emendar, enméndao ti.
Onde haxa un esforzo que
todos esquiven,
acéptao ti.
Sé o que apartou do
camiño a pedra,
o odio dos corazóns
e as dificultades do
problema”
Lector 2:
E é que nos gustan as
cousas ben feitas e que todo estea en orde.
Pero ás veces pensamos
que quen teñen que facer as cousas son os demais.
Lector 1:
É o que lles pasa a
algúns coa paz.
Lector 2:
Somos nós os que temos
que facer a paz no noso colexio e na nosa familia.
Lector 1:
Se gústache a paz,
edúcate para a paz.
Lector 2:
Se de maior queres ser
unha persoa de paz, ensaia desde agora a ser un neno de paz.
TODOS:
Señor, faide min un
instrumento da túa paz:
Onde haxa odio, fai que eu
leve amor.
Onde haxa ofensa, que eu
leve o perdón.
Onde haxa discordia, que
eu leve a unión.
Onde haxa dúbida, que eu
leve a fe.
Onde haxa erro, que eu
leve a Verdade.
Onde haxa desesperación,
que eu leve a esperanza.
Onde haxa tristeza, que eu
leve a alegría.
Onde haxa tebras, que eu
leve a luz. AMÉN