Páginas

lunes, 20 de enero de 2014

Celebración conxunta

     Ademais das actividades a desenvolver na aula, (como titorías ou incluídas nas áreas); todos os cursos do colexio reunirémonos para unha celebración  conxunta:

     LUGAR: Pista exterior nova (se o tempo acompaña)
                   Polideportivo          (se chove ou venta en exceso)

    DÍA:        Xoves 30 de xaneiro

    HORA:    11:40 horas (Final do recreo de primaria e inicio do de secundaria)

    GUIÓN:
          -Tódolos cursos baixaremos ao lugar de celebración mentres se escoita música de ambiente con cancións relacionadas coa PAZ.

          - Cada curso baixará coa súa parte de mural, como representación  do grupo.

          - Unha vez reunidos todos, procederase á lectura do MANIFESTO (Alumnos de 3º e/ou 4º ESO) a prol da Paz. (está no Blog para poder comentalo na clase).

          - A continuación, irase chamando aos diferentes cursos para que dous representantes presenten a súa parte para formar un mural colectivo.

         - En canto o mural estea completo, e con música de fondo, tódolos alumnos cantarán a canción "Corazón con cremallera". É a que está na axenda e ademais tedes un enlace nesta parte do Blog a unha presentación coa música e a letra para poder aprendela.

        - Fin da celebración.

             

Webquest Singing Peace

Este enlace lévanos a unha activiade (webquest) na que teredes que axudar á UNESCO a seleccionar cancións relacionadas coa PAZ.
É unha acividade en inglés, con toda a información necesaria dispoñoble en enlaces.
Traballo grupal.
Clica na imaxe:
http://www.xtec.cat/~amacias/index.htm

A Paz, símbolos.

     Na seguinte actividade interactiva aprenderás cales son os diferentes símbolos relacionados coa Paz.
    Tamén coñeceremos máis acerca dalgunhas personalidades que traballaron a prol da Paz.
   Fai clic na seguinte imaxe:

http://dl.dropboxusercontent.com/u/4518185/paz/lim.swf?libro=paz.lim

domingo, 19 de enero de 2014

Colorear Premios Nóbel

Podes imprimir os seguintes debuxos para colorealos:
(Fai Clic sobre os debuxos)

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2011/01/Colorear-Premios-Nobel-de-la-Paz.pdf

Premios Nóbel Paz

A seguinte actividade interactiva permitirá que aprendas máis acerca dos premios Nóbel da Paz, e algunha das persoas as que lle foi concedido.

Fai clic na seguinte imaxe para acceder a actividade:

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/~29602220/web_teo_robles/archivos_web/index.html

Activity in english for artistic

How to make a Peace Dove.

Clic Here.

Pomba Paz recortable


Podemos  construir unha pomba da Paz para un colgante ou pegar a unha variña.




MATERIAL: Cartolina, cores, tesoiras, corda y pegamento.

PROCEDEMIENTO: 
- Esta actividade pódese facer individual ou por grupos.

-Imprimir e recorta-lo modelo de pomba. (facer clic sobre o debuxo)

- Repetimos o procedemiento, no caso da pomba grande, tantas veces como páxinas queramos que teña o libro.

- Coreamos e escribimos o texto sobre a paz que queramos poñer: historia, poesías, lemas, …

- Para poñe-lo lazo, corda, ou variña  recoméndase suxeitalo con fixo antes de iniciar a pega-las distintas pezas.

- Unimos as páxinas pegando a metade posterior dun boneco, coa posterior doutro, e así ata unir tódalas páxinas.

Modelos:  (fai clic no que queiras para poder descargalo ou imprimilo)


http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2012/01/Paloma-colgante-mini.pdf
http://www.actiludis.com/wp-content/uploads/2012/01/Paloma-colgante.pdf



LIM "La avestruz troglodita"

  A seguinte actividade é un Libro Interactivo Multimedia (LIM), que despois de ver e escoita-lo conto da avestruz poderás facer as actividades.

Fai clic sobre a foto:
https://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/AVESTRUZ/avestruz.html


Actividade LIM "A Paz"

Clica na seguinte fotografía para realizar unha actividade interactiva sobre a Paz

http://dl.dropboxusercontent.com/u/14722558/paz2/paz.html

Manifesto da Paz


Colexio “Casa de la Virgen” a 30 de xaneiro do 2014

   Hoxe, día escolar da non violencia e da Paz, e desde o noso colexio queremos recordar que nós seremos o futuro da nosa sociedade; e que ,ese futuro, necesita sobre todo Paz. Como dixo Gandhi, non debemos buscar o camiño cara á Paz, senón que a Paz debe se-lo camiño.

  Aínda somos novos, pero podemos facer que a violencia, as loitas, os desacordos deixen de ser as escusas que separan aos pobos e persoas. A solución aos conflitos debe pasar pola comunicación, comprensión, diálogo e sobre todo por aprender a poñerse no lugar do outro.

  Por iso, a nosa formación e valores deben se-la guía para mellora-la sociedade do futuro. Estes valores nos comprometen a:

  Respecta-la vida e a dignidade de cada persoa.

  Practica-la non violencia activa, rexeitando a violencia en tódalas súas formas: física, sexual, sicolóxica, económica e social, en particular cara ós máis febles e vulnerables como nenos e adolescentes.

  Comparti-lo tempo e os recursos materiais cultivando a xenerosidade coa fin de terminar coa exclusión, a inxustiza e a opresión política e económica.

  Defender a liberdade de expresión e a diversidade cultural, dando preferenza  ao diálogo e a escoitar , sen caír no fanatismo, nin na maledicencia e no rexeite do próximo

  Promover un consumo responsable e un modo de desenvolvemento que teña en conta a importancia de tódalas formas de vida e o equilibrio dos recursos naturais do planeta.

  Contribuír ao desenvolvemento da propia comunidade propiciando a  participación de cheo das mulleres e o respecto aos principios democráticos, coa fin de crear xuntos novas formas de solidariedade.


  A paz é moito máis que ausencia de conflicto. Non hai paz sen xusticia. Pero non hai xusticia sen amor. As leis e os gobernos democráticos non bastan para asegurar unha vida digna e xustiza para todos. Hai que alimentar na sociedade unha profunda convicción moral e un desexo real e sincero de paz e de benevolencia cara ós demais. Desexa-lo ben, para un mesmo e para os demais. Sen amor e sen fe na humanidade non pode haber paz. E este desexo está por enriba das ideoloxías, as relixións e as culturas.

  Non poderá haber paz no mundo se non hai paz dentro de cada un de nós. Paz cun mesmo; paz coa familia, paz cos veciños, paz cos compañeiros, paz cos que non pensan igual ca nós, paz co estraxeiro, paz coa natureza, paz coa historia, coas outras culturas, paz co misterio da realidade que non comprendemos nin podemos abranguer.


  O noso colexio é o lugar para formarnos nestes valores e para levalos á práctica. Como símbolo do compromiso para facer da Paz a nosa forma de vivir construiremos o seguinte mural, e ao final cantaremos xuntos a canción desta celebración...

jueves, 16 de enero de 2014

Decálogo para medrar na Paz

  1. Es alguén moi importante. Quérete.
  2. Anima e valora aos teus amigos. Verás que lles gusta.
  3. Descobre o bonito que é que todos sexamos distintos.
  4. Dá as grazas e pide as cousas "por favor". Todo resulta máis fácil.
  5. Se aprendes a escoitar, comprenderás  mellor aos demais.
  6. Aprende a face-los teus traballos o mellor que poidas. O teu esforzo pagará a pena.
  7. Se cumpres cos teus pequenos encargos e tarefas, todo funcionará mellor.
  8. Traballa en grupo, conseguirás máis que traballando só.
  9. Comparte as túas cousas cos demais. Serás moi feliz.
  10. Se pos paz no teu interior, o teu arredor irá cambiando.

jueves, 2 de enero de 2014